Sonar Panic: para ver o perigo tes que atraelo

Un batiscafo cae por unha fenda submarina ás escuras. Non ves as paredes, nin as rochas, nin as minas que agardan durmidas: só tes o sonar. Cada pulso debuxa un intre a fenda en liñas ciano, pero tamén se oe, e as minas que toca espertan. De balde, sen rexistro, no navegador ou instalado como app.

Como se xoga

Controis

AcciónTecladoTáctil
Moverse← → · A Darrastra o dedo, ou mantéño nun lado
Pulso de sonar␣un toque breve, ou toca no centro

Co dedo hai dúas maneiras, a escoller na portada: arrastrar, coa que o batiscafo segue o dedo e un toque breve pulsa (xógase cun só dedo), ou as franxas, coas que os lados moven e o centro pulsa.

P pausa, M quita o son, L cambia de idioma e R abre a táboa de récords.

Zonas

Cápsulas

Flotan na fenda e, coma todo, só as amosa o eco: para atopalas hai que pulsar. Cóllense tocándoas.

Idiomas